A Pobra de San Xiao é o escenario dun novo mural do artista Diego AS
Unha parede dun edificio da rúa Antonio López Quiroga da Pobra de San Xiao, en Láncara, preto da rotonda de entrada á vila, está sendo pintada polo artista Diego As co fin de crear un mural de gran tamaño sobre o pasado ferroviario da vila.
Así, a través das pinceladas do lugués Diego Anido, homenaxearase e lembrarase ao tren que pasou toda a vida pola Pobra e ás persoas que traballaron na estación da localidade.
O mural, que será de máis de 200 metros cadrados de superficie, estará terminado, previsiblemente, antes do día de Reis Magos, aínda que o frío está dificultando as tareas de secado, xa que a parede está muy húmida.
A obra foi encargada a Diego As polo Concello de Láncara, que deixou unha partida de 17.908 euros a principios de ano do remanente de tesouraría, e encargoulla por ser “un dos artistas urbanos máis demandados e consolidados”.