A Pobra de San Xiao terá o seu propio punto de atención de Cáritas Parroquial
A Pobra de San Xiao en Láncara contará desde este mismo mes co seu propio punto de atención de Cáritas Parroquial gracias a petición realizada polo novo sacerdote, Jesús Manuel Santiago Vázquez, quen será o presidente desta delegación.
O propio Jesús Manuel Santiago Vázquez firmou o pasado mes de marzo xunto ao director de Cáritas Diocesana de Lugo, Ginés F. Plaza Fernández, a acta de constitución da entidade.
O municipio de Láncara recibirá a visita dunha traballadora social un venres ao mes para dar atención a todos aqueles que o necesiten. A sede de Cáritas Parroquial na Pobra de San Xiao estará na casa rectoral. No caso de precisar asesoría xurídica ou laboral, os interesados serán derivados a Cáritas de Sarria, do mesmo modo se necesitan facer uso do ropeiro segundo informan dende a entidade en Lugo.
Os servicios en Sarria préstanse nas instalación do antigo centro de saude, lugar ao que acode unha traballadora social os martes e xoves de 9.30 a 13.30 horas. Ademais, os martes adícanse á orientación laboral de 10.00 a 14.00 horas e a asesoramento xurídico de 16.00 a 19.00 horas.