A Ponte da Áspera loce de novo a súa mellor versión

SarriaXa
A icónica ponte de Sarria, despois das queixas da semana pasada do grupo popular polo seu estado, volve a presentar a súa mellor imaxe
PONTE DA ASPERA LIMPA
13 Maio 2022

Apenas cinco días despois de que o portavoz do grupo municipal do PP en Sarria, José Antonio García, denunciase neste medio o aspecto que "non merece a vila máis grande do Camiño Francés en Galicia", unha das zonas na que os populares centraban as súas queixas xa foi arranxada.

Trátase da Ponte da Áspera, sobre a que o portavoz dos populares reclamaba que "se atopa absolutamente invadida pola maleza e polas silvas. Parece mentira que un icono de Sarria como é esta ponte sexa olvidada, esquecida absolutamente polo goberno municipal".

E parece que as denuncias e queixas realizadas polo grupo popular nas suas redes socias durante a pasada semana e recollidas por SarriaXa nunha amplia reportaxe o pasado sábado non cairon en saco roto.

Os veciños da vila encontráronse este xoves a Ponte da Áspera, unha ponte de interés cultural sobre trazado medieval á saída da vila de Sarria e en pleno Camiño, cunha imaxe totalmente renovada.

A maleza que cubría a parte externa da ponte e que incluso dificultaba o paso dos camiñantes desapareceu e agora a Ponte da Áspera mostra de novo o seu mellor  aspecto.

0.20648097991943