A ponte de Supena, en Láncara, será substituída por unha nova da man da CHMS
SarriaXa
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acaba de adxudicar o contrato para acometer as obras de substitución da nova ponte sobre o río Sarria no lugar de Supena, no municipio de Láncara.
14 Xan 2024
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil acaba de adxudicar o contrato para acometer as obras de substitución da nova ponte sobre o río Sarria no lugar de Supena, no municipio de Láncara.
Dúas empresas presentáronse a esta licitación, entre as cales foi elixida VVipeca Obras y Servicios, que contará con 477.960 euros para levar a cabo estes traballos.
A nova ponte terá dous carrís de circulación e substituirá a ponte existente, xa que presenta danos nun piar, o que dificulta a circulación por el e por isto haberá que substituílo enteiro, demolendo o viaducto.
As obras incluirán, ademais da construcción da ponte con dous carrís, a impermeabilización, unha capa de rodadura e a conexión da ponte cos viais de ambas marxes do río.