A Praza da Vila de Sarria acolle a Quedada AC/RC 2025 de coches de radiocontrol

Durante o día de hoxe, 10 de agosto, a Praza da Vila en Sarria converterase no escenario ideal para os amantes dos coches de radiocontrol coa celebración da Quedada AC/RC 2025.
A asociación AC/RC preparou unha xornada pensada para quen goza destes vehículos teledirixidos, así como para aquelas persoas que queiran vivir unha mañá distinta en compañía da familia ou amigos.
A entrada será libre e o evento está aberto a todos os públicos. Ao longo do día haberá exhibicións e unha ampla variedade de coches de radiocontrol que garantirán a diversión e o entretemento para todas as idades.