A praza de España do Incio acollerá diversos eventos durante os meses de xullo e agosto

SarriaXa
As iniciativas comezarán esta tarde, ás 20.00 horas, coa actuación de Clown ‘El mundo de Nono’
Festa-da-Escuma-O-Incio
18 Xul 2024

O Concello do Incio presenta o seu programa de actividades e eventos para estes meses de xullo e agosto na praza de España, que comezará coa actuación de Clown ‘El mundo de Nono’ esta tarde, ás 20.00 horas.

Xa o vindeiro 26 de xullo terá lugar a actuación musical ‘La disquetera’ a partir das 21.30 horas, o 1 de agosto será a quenda da festa da escuma e inchables ás 17.00 horas e o 8 de agosto terá lugar o monólogo de Víctor Grande ás 21.30 horas.

Seguindo coas actividades, o 13 de agosto terá lugar a actuación musical ‘Carta de ajuste’ ás 21.30 horas, o 22 de agosto celebrarase a Feira de Artesanía e produtos da terra e as actividades finalizarán o 29 de agosto, coa actuación musical ‘La indirigible’ ás 21.30 horas.

0.13648295402527