A praza do Concello do Incio acolle uns obradoiros da Cruz Vermella este xoves

SarriaXa
Os talleres serán en horario de en horario de 10.00 a 14.00 horas, polo que todas as persoas interesadas nestes cursos poderán achegarse e desfrutar deles
Concello_do_Incio
5 Ago 2024

A Cruz Vermella ofrece este xoves, día 8 de agosto, obradoiros gratuítos sobre novas tecnoloxías dirixidas a persoas maiores no Incio.

Concretamente, desenvolveranse na Praza do Concello do Incio en horario de 10.00 a 14.00 horas, polo que todas as persoas interesadas nestes cursos poderán achegarse e disfrutar deles.

Así, poderán coñecer o uso das app máis útiles para a terceira idade, a petición de cita médica a través do móbil ou o uso seguro de internet e da banca dixital.

0.13194990158081