A praza Juan María López acollerá esta tarde o acto de presentación da candidatura do BNG de Sarria

SarriaXa
A praza Juan María López acollerá esta tarde o acto de presentación da candidatura do BNG de Sarria encabezada por Efrén Castro
BNG Sarria
28 Abr 2023

O BNG de Sarria presentará a súa candidatura ás eleccións do municipio de Sarria o vindeiro 28 de maio nun acto público na praza Juan María López (praza de Santa Mariña) ás 20.30 horas.

O BNG presenta o seu “dream team” para acadar a Alcaldía de Sarria encabezado por Efrén Castro, actual deputado de deportes na Deputación de Lugo.

Na lista vai acompañado de Mónica López, traballadora de Inelcom e concelleira de cultura no mandato pasado; Sandra Barja, xefa de proxecto de telecomunicacións e licenciada en historia, Ariadna Segalà, licenciada en historia; e David Neira, gandeiro e veterinario.

"Esta é unha lista na que se incorporan seis caras novas no proxecto mesturadas con outros nomes con experiencia política e de xestión", explican desde o partido.

Efrén Castro declarou que “é un orgullo e unha responsabilidade encabezar a lista do BNG. Somos un grupo de mulleres e homes que nos une o amor por Sarria e cremos firmemente nas potencialidades do noso concello e temos un proxecto para sacar ao goberno municipal do estancamento e comezar a construír a Sarria que nos merecemos”.

Ademais, explica que se presentan "co claro obxectivo de acadar a Alcaldía para transformar o noso pobo humanizando os espazos urbanos, e facer da nosa vila un sitio onde os espazos públicos estean pensados para as persoas, e ante proxecto políticos movidos por odios persoais, o noso e un proxecto que pretende levar a Sarria a súa máxima expresión para que nos volvamos sentir orgullosos de ser sarriaos".

0.069432973861694