A praza Vergara Vilariño de Samos acolle a exposición ‘Os Vieiros de Asorey’
SarriaXa
A exposición inclúe textos de Felipe-Senén e o comisario e as fotografías son de Xurxo Lobato
5 Ago 2024
Xa está exposta a mostra ‘Os Vieiros de Asorey’ da Real Academia Galega de Belas Artes, que celebra este 2024 o seu 175 aniversario, e dedica o Día das Artes Galegas ao escultor cambadés Asorey.
Por este motivo, do 2 ao 23 de agosto, o Concello de Samos acolle na praza Vergara Vilariño, a exposición ‘Os Vieiros de Asorey’, contribuíndo á difusión da obra do escultor, e achegándoa á veciñanza para que todo o mundo poida desfrutala.
A exposición, ademais, inclúe textos de Felipe-Senén e o comisario e fotografías son de Xurxo Lobato.