A Pretorian Race Sarria Extreme deixa un moi bo sabor de boca ao deporte sarriao

SarriaXa
Sarria vén de acoller este domingo a súa carreira de obstáculos e resistencia baixo o nome de 'Pretorian Race Sarria Extreme', na que participaron arredor de 700 persoas de forma individual e en equipo.
Pretorian Race Sarria 3
16 Out 2023

Sarria vén de acoller este domingo a súa carreira de obstáculos e resistencia baixo o nome de 'Pretorian Race Sarria Extreme', na que participaron arredor de 700 persoas de forma individual e en equipo.

Así, os participantes tiveron que probar as súas capacidades para deixar atrás 35 obstáculos repartidos por toda a vila, xa que saíron desde o campo de rugby de Sarria e percorreron un tramo urbano da ruta Xacobea, A Ribela, e varios camiños e leiras, desafiando tamén a súa resistencia.

Tanto o goberno local como os partidos políticos da Corporación Municipal destacan este evento como "un bo escaparate para Sarria" e un evento deportivo con moito arraigo na sociedade sarriá.

0.11054801940918