A Pretorian Race Sarria Xtreme 2026 xa ten data

SarriaXa
A carreira celebrarase o 25 de abril en Sarria e as inscricións abriranse o martes 20 de xaneiro ás 9:00 horas
Pretorian-Race-2024
19 Jan 2026

Sarria acollerá o 25 de abril unha nova edición da Pretorian Race Sarria Xtreme, unha carreira de obstáculos que naceu da iniciativa de corredores para corredores e que se consolidou como unha das citas máis esixentes e divertidas do calendario deportivo. A proba converterá a vila nun escenario de superación, barro e adrenalina ao longo dunha xornada pensada para poñer a proba a resistencia e a forza das persoas participantes.

A organización xa confirmou que as inscricións se abrirán o martes 20 de xaneiro ás 9:00 horas a través da páxina web www.ccnorte.com
, dando así o pistoletazo de saída á conta atrás para unha carreira que cada ano esperta unha gran expectación.

Como vén sendo habitual, a Pretorian Race Sarria Xtreme contará con tres categorías, elite, popular e started, para adaptarse a diferentes niveis de preparación. O percorrido será de 7 quilómetros e incluirá un total de 40 obstáculos, deseñados para esixir o máximo esforzo físico e mental, nun campo de rugby acondicionado especialmente para afrontar o reto os e as máis valentes.

⚙ Configurar cookies
0.07325291633606