A previa ao festival Garitosis chega ás rúas do concello de Sarria
Un ano máis, o festival Garitosis, celebrará a súa décima edición nas rúas da cidade.
A festa de presentación do festival terá lugar o 1 de setembro ás 19.30 horas na rúa da Música, de balde, e correrá a cargo do grupo Skintight.
GRUPO LOCAL
Skintight é un grupo de rock formado no ano 2017. Os seus compoñentes, proveñen de diversas agrupacións e proxectos e atoparon no grupo un obxectivo común: unha banda de rock con personalidade propia.
Aproveitando a extensa colección de cancións escritas por Paul Baker ao longo de máis de 30 anos, os compoñentes do grupo dan forma a este novo proxecto, reinventándoas completamente. Este proxecto aínda que con marcada afluencia do rock dos anos 70, non dubida en coquetear con outros estilos coma o blues ou o swing. Ao fin e ao cabo, os integrantes do grupo pasaron por bandas de estilos tan dispares como a canción de autor, o rock psicodélico, o metal ou o folk galego.