"A primeira edición do Torneo Torreón de Sarria foi unha gran experiencia"

SarriaXa
Esta pasada fin de semana tivo lugar o primeiro Torneo Torreón de Sarria organizado polo Club Baloncesto Sarria, no que participaron máis de 250 nenos e nenas de dez clubs participantes de Asturias e Galicia e un total de 20 equipos.
Torneo Torreon Sarria CB Sarria 4
19 Out 2023

Esta pasada fin de semana tivo lugar o primeiro Torneo Torreón de Sarria organizado polo Club Baloncesto Sarria, no que participaron máis de 250 nenos e nenas de dez clubs participantes de Asturias e Galicia e un total de 20 equipos.

O torneo, que tivo lugar durante dous días no pavillón novo Chanto e no pavillón José Mario González, serviu para acoller unhas xornadas de baloncesto intensivas na que os xogadores puideron convivir con compañeiros, adestradores, monitores e familias.

Así, desde o CB Sarria defenden que, "ademais de moito baloncesto, esta experiencia serviu como posta a punto da temporada que nos espera" e na que pretenden seguir sendo un equipo de referencia no baloncesto.

Ademais, sostiveron que "esta primeira edición do torneo foi unha gran experiencia, polo que queremos agradecer a todas as persoas que participaron, pero tamén aos que colaboraron e ao numeroso público que se achegou aos pavillóns para desfrutar do baloncesto", concluíu a presidenta do CB Sarria, Chus Arias.

0.1961088180542