A primeira Xunta de Goberno da Deputación presidida por Carmela López aproba a compra de maquinaria

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
A sesión celebrouse este venres no Pazo de San Marcos e aprobou a adquisición dun semirremolque tipo góndola que mellorará os traballos de asfaltado do Parque Móbil
primeira-xunta-de-goberno-carmela-lopez
16 Jan 2026

A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, dirixiu este venres a súa primeira Xunta de Goberno no Pazo de San Marcos. A sesión semanal deste órgano executivo da institución volveu celebrarse esta mañá con normalidade tras a elección o pasado mércores da nova mandataria provincial e aprobou, entre outras cuestións, a compra dunha máquina para a conservación das estradas provinciais.

Mediante este acordo, a Deputación de Lugo poderá dotar ao Parque Móbil dun remolque tipo góndola asfalteira. Unha ferramenta que se utiliza para transportar o asfalto quente ata a obra mantendo a temperatura adecuada, polo que resulta moi útil nas obras de conservación e mellora de estradas. Resultou adxudicataria a empresa Merelle Maquinaria SL, que cun prezo de 72.539,9€ terá un prazo de 15 días naturais para entregala desde a formalización do contrato.

Carmela López presidiu unha Xunta de Goberno na que participaron todos os integrantes: o Vicepresidente da institución, Efrén Castro Caloto; os deputados e deputadas provinciais Pilar García Porto, Pablo Rivera Capón, Miguel Fernández Méndez, Carlos López López, Iván Castro Díaz, José María Arias Fernández e Iria Castro Fernández; ademais do Secretario, a Interventora e persoal de Actas.

⚙ Configurar cookies
0.079987049102783