A prolongación da variante ferroviaria da Pobra de San Xiao permitirá que "a provincia estea máis conectada que nunca"

SarriaXa
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo un encontro co alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e co primeiro tenente de alcalde e deputado provincial, Pablo Rivera, no que confirmoua aposta do Goberno Central pola prolongación da variante ferroviaria de A Pobra de San Xiao en Lugo.
delegado do goberno en Lancara
9 Out 2023

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, mantivo un encontro co alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, e co primeiro tenente de alcalde e deputado provincial, Pablo Rivera, no que confirmoua aposta do Goberno Central pola prolongación da variante ferroviaria de A Pobra de San Xiao en Lugo.

Estas obras, cun investimento de 21,6 millóns de euros, iniciaranse a principios do 2024 e enmárcanse dentro das proxectadas para a mellora e modernización do corredor ferroviario Ourense- Monforte de Lemos-Lugo, cun orzamento total de 550 millóns de euros para a renovación da liña e o delegado manifestou que grazas a este investimento “a provincia estará máis conectada que nunca, avanzando cara unha mellora de servizos e mobilidade no rural”.

O principal obxectivo desta actuación responde a unha necesidade dos veciños do municipio “para abrir vías de conexión máis inmediatas a nivel comarcal e con outros lugares da provincia, cuestión coa que o Goberno de España amosa o seu compromiso con feitos”.

Nesta liña, Pedro Blanco subliñou que o Goberno de España fixo un investimento total de 934.371 euros de forma directa no municipio. Entre outras cuestións, estas axudas permitiron a realización de actuacións en materia de recollida de residuos, grazas ao fondo europeo do Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación do Goberno.

Reto Demográfico

O municipio de Láncara pertence ao Reto Demográfico, contando con estratexias para garantir un equilibrio e funcionalidade dos municipios, abordando o reto a través de mecanismos que promovan unha cohesión territorial.

Así mesmo, o delegado avanzou na modernización e transición cara o dixital do municipio a través do programa UNICO - Banda Ancha que permitirá levar fibra de alta velocidade a 1.204 vivendas e empresas de Láncara, a través de 610 proxectos que se están executando, achegando así a conexión de internet de alta velocidade grazas.

O Goberno tamén puxo en funcionamento no municipio a través do Ministerio de Educación e Formación Profesional a Aula Mentor, unha iniciativa que ofrece formación online e titorización, contando cun catálogo de máis de 170 cursos de diversas áreas formativas para ampliar coñecementos, tendo dispoñibles as entidades locais do Concello financiación para a creación da súa Aula Mentor.

0.17639589309692