A provincia reduce casos activos e novos contaxios
A provincia rexistrou hoxe unha importante caída de casos e de novos contaxios malia no modificar o estado dos concellos que xa estaban en alerta.
Así, hoxe son 631 casos activos, que son 71 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 46. Volven a crecer as altas mentres os contaxios novo baixaron de forma contundente.
De feito, rexistráronse nas últimas 24 horas 9 casos novos (onte foron 22). Ademais, as altas chegaron ás 10.824, 83 en 24 horas, o día anterior foron 77.
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.663 casos rexistrados e 203 persoas falecidas, unha máis, un home de 74 anos en Lugo.
A presión hospitalaria manten os datos xerais de onte. Na UCI do Hula hai 13 ingresados, e en planta hai 27 enfermos, 21 no hospital de Lugo, 3 na Mariña e 2 en Monforte. O Polusa de Lugo segue cunha persoa ingresada.
POR COMARCAS
A Mariña
A Pontenova segue con 11 casos e en alerta media mentres a incidencia segue a disminuír con seis concellos limpos de covid.
- Viveiro volve baixar, un, e queda en 10.
- A Pontenova continúa con 11 casos á espera do cribado e segue en alerta media.
- Trabada, Xove, Mondoñedo, O Vicedo e Alfoz seguen sen casos novos en 15 días e únese agora Ourol.
Terra Chá
Sen cambios na comarca cos concellos con máis incidencia, Guitiriz, Outeiro e Vilalba, á baixa.
- Vilalba rebaixa a 16 casos, 1 menos que onte.
- Guitiriz reduce 13 casos e queda en 74 e segue en máxima alerta.
- Outeiro de Rei reduce 2, cun total de 12 pero segue en alerta media.
- Rábade tamén está en alerta media malia ter menos de dez casos.
- Pol, Abadín e Xermade e A Pastoriza continúan limpos de covid.
- No veciño Concello das Pontes están en alerta media malia baixar 3 casos e quedar en 26.
Centro da provincia
No centro, Lugo está fóra de alerta malia ser o concello con máis casos mentres O Corgo xa ten menos de dez e espera a actualización dos datos da Xunta para estar en alerta media xa que está por debaixo de 500 casos a incidencia. Baralla e Guntín, esperan a mesma actualización pero para pasar o nivel 3.
- Lugo reduce novamente 12 casos e queda en 217 en total.
- O Corgo segue no estado de alerta media malia baixar xa dos 13 casos.
- A Fonsagrada, Pedrafita do Cebreiro, Negueira de Muñiz, Navia Cervantes, Ribeira de Piquín, Monterroso, As Nogais, e Antas de Ulla levan limpos varias semanas.
Comarca de Sarria
Sarria está por debaixo dos 10 casos ao igual que Láncara mentres en Samos, Triacastela, O Incio, Paradela Portomarín e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.
Ribeira Sacra
Sen cambios para a comarca que mantén a Monforte, A Pobra de Brollón e Sober en alerta media malia ter menos de 10 casos os dous últimos e Morforte estar xa con valores fóra de alerta.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 44 casos, 9 menos e lle correspondería entrar en nivel 3.
- Sober e A Pobra de Brollón, malia estar por debaixo de dez casos, seguen en alerta media.
- Bóveda, Folgoso do Courel e Ribas do Sil seguen sen casos dende hai máis de 15 días e agora únese Carballedo.