A Quenlla realiza un concerto no Incio o domingo

SarriaXa
Continúan as actividades culturais no Concello do Incio. Desta maneira, o vindeiro domingo 22 de agosto A Quenlla realizará un concerto.
A quenlla premio
19 Aug 2021

Continúan as actividades culturais no Concello do Incio. Desta maneira, o vindeiro domingo 22 de agosto A Quenlla realizará un concerto na praza de España da vila.

A Quenlla é un grupo musical que pon unha especial atención na cultura tradicional, asumindo como base a memoria colectiva e, como fundamento histórico, recuperala do abandono e do esquecemento, transmitindo unha versión de moitos feitos que poucas veces se contaron.

O concerto celebrarase ás 19.30 horas na praza de España. Así mesmo, levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes.

cartel quenlla incio
⚙ Configurar cookies
0.06815505027771