A rehabilitación dos pendellos no campo da feira é un dos obxectivos do Concello de Sarria

SarriaXa
El ayuntamiento de Sarria solicitará un taller de empleo par ala rehabilitación de edificaciones en el campo de la feria.
feira polbo sarria
6 Abr 2022

O Concello de Sarria pretende arranxar uns pendellos que forman parte do campo da feira. Para iso, solicitará a Xunta de Galicia a concesión dun novo obradoiro de emprego que se encargue da rehabilitación destes inmobles, que son propiedade municipal trala permuta de terreos.

Esta decisión foi aprobada durante a última sesión plenaria.

Estes pendellos solen acoller os postos de polbo os días de feira que coinciden cada 6, 20 e 27 de cada mes.

O acondicionamento destas infraestruturas comezaron xa fai 6 anos coa rehabilitación de dúas construcións do estilo. Deste modo, dez alumnos do módulo de albanelería encargáronse de reconstruír os muros de pedra, rehabilitaron a cuberta e arranxaron o pavimento.

Dende ese momento, o Concello foi adquirindo novas edificacións para ofrecer mellores infraestruturas aos feirantes e aos veciños que desfrutan dos días de feira. O obxectivo actual do goberno local é a súa restauración mantendo as características tradicionais das mesmas.

Tras isto, entre as miras do Concello está a realización dunha ordenanza municipal que se encargue de regular e normalizar o uso destes pendellos do campo da feira.

0.17802691459656