A residencia A Veiga será a primeira parada dos Reis Magos en Láncara
SarriaXa
Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos achegaranse a Láncara, onde as súas maxestades visitarán varios lugares do municipio.
4 Xan 2024
Este venres, 5 de xaneiro, os Reis Magos achegaranse a Láncara, onde as súas maxestades visitarán varios lugares do municipio. Así, comezarán o percorrido visitando aos usuarios da residencia A Veiga ás 17.00 horas.
Despois, emprenderán camiño polo pobo dende o parque Plaza Edizlo, a partir das 17.30 horas, en compañía dos paxes reais, cargados de caramelos para repartir durante o percorrido.
Este percorrido rematará no polifuncional Campo da Feira da Pobra de San Xiao, onde terá lugar a festa infantil con animación, chocolatada e agasallos sorpresa para todos os nenos e nenas.
Para desenvolver esta actividade, o Concello de Láncara conta coa colaboración especial da Asociación O Noso Lar e o equipo da Puebla Futsal.