Aprobado no pleno da Deputación que a residencia de maiores de Sarria se atope na súa rede

SarriaXa
A Deputación aproba que a residencia da terceira idade Nosa Señora do Carme situada na vila de Sarria se atope na rede da institución.
residencia maiores sarria
29 sep 2021

O pleno da Deputación de Lugo aprobou que a residencia da terceira idade Nosa Señora do Carme situada na vila de Sarria se atope na rede da institución provincial.

Así pois, a moción presentada polo PP -na que se atendeu ao acordo adoptado polo Concello de Sarria- e na que se pedía a integración na rede da institución provincial da residencia Nosa Señora do Carme, ata agora de titularidade municipal, aprobouse no pleno da Deputación celebrado no día de onte.

Desta maneira, tan só os socialistas votaron en contra, xa que o BNG optou pola abstención.

As agrupacións do PSOE e do BNG non remataron de entender que na moción non se incluíra a posibilidade de que a residencia pasase a ser autonómica, unha opción que si contemplou o nacionalista Efrén Castro pero que, sen embargo, rechazou José Antonio García, viceportavoz do PP. Así pois, García sinalou que o trato aos residentes ten que ser o mesmo en Sarria ca en outros lugares da provincia.

Así mesmo, José Tomé sinalou o cumprimento por parte da Deputación de construír proxectos de residencias xa programadas, a diferenza da Xunta que non asume esa responsabilidade en concellos pequenos. Pola súa beira, Javier Castiñeira, portavoz do PP, criticou a actitude do presidente por ter perdido o asunto da residencia de Sarria e, "nun alarde de humildade democrática deixou caer que tanto lle ten o que decida o pleno, porque el fará o que crea preciso".

0.15125107765198