A revista A Macheta prepara a súa 9ª edición e chama á veciñanza de Sarria a participar con textos e ilustracións

SarriaXa
A Asociación Cultural Huhú anima á colaboración cidadá e abre esta fin de semana a exposición 'Vin cousas que non creríades' na SEDE
Presentación-da-Macheta-Sarria
23 Jul 2025

A revista A Macheta, publicación participativa impulsada pola Asociación Cultural Huhú, prepara xa a súa novena edición e fai un chamamento a toda a veciñanza de Sarria para colaborar con textos ou ilustracións sobre calquera tema que consideren de interese.

Desde a entidade lembran que este proxecto se constrúe grazas ao cariño e ao esforzo colectivo das diferentes pezas culturais vencelladas á vila, e que todas as persoas que participen recibirán un exemplar da revista de maneira gratuíta.

A iniciativa pretende seguir sendo un espazo aberto de expresión e creatividade para todas as idades, mantendo viva a conexión entre a cultura local e a comunidade.

Ademais, a Asociación recorda que esta fin de semana, o sábado 26 e o domingo 27 de xullo, A SEDE – Núcleo Difusor de Arte Contemporánea abrirá as súas portas tanto en horario de mañá como de tarde para acoller a exposición Vin cousas que non creriades, pertencente ao segundo bloque expositivo da TST1. O público poderá visitar a mostra entre as 12:00 e as 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.15593004226685