A rodaxe da curtametraxe 'Mudanza' de Sonia Arias comeza esta vindeira semana

SarriaXa
O proxecto parte dun texto incluído na súa obra 'Manchas de frío', no que se aborda o cancro e o proceso de afrontar a morte desde unha perspectiva humana e digna
Sonia-Arias-escritora-Paradela
27 Jul 2025

Os concellos de Sarria e Paradela acollerán entre o 1 e o 3 de agosto a rodaxe da curtametraxe Mudanza, unha nova produción audiovisual baseada nun relato da escritora paradelense Sonia Arias, autora dos libros Los zapatos del lobo e Antes pasábase por aquí, entre outros.

O proxecto parte dun texto incluído na súa obra Manchas de frío, no que se aborda o cancro e o proceso de afrontar a morte desde unha perspectiva humana e digna.

A rodaxe contará coa participación da actriz galega Saamira Ganay, mentres que a dirección correrá a cargo de Luisje Moyano. A banda sonora será obra do compositor sevillano Jesús Calderón, reforzando o carácter emocional desta historia.

A curtametraxe aspira a ter un percorrido amplo e xa se anuncia a súa presentación a 140 festivais tanto nacionais como internacionais, co obxectivo de levar esta historia desde o corazón da Ribeira Sacra a públicos de todo o mundo.

⚙ Configurar cookies
0.14715313911438