A rúa de Vilamaior de Sarria xa foi arranxada despois de quedar afundida en xaneiro
SarriaXa
A rúa de Vilamaior de Sarria xa foi arranxada despois de quedar afundida en xaneiro e rematárona agora ás presas
15 Apr 2023
O Concello de Sarria xa reparou a pista de Vilamaior afundida polos temporais de principios de ano.
Así, o gobernó local dedicou case 6.000 euros a estas obras de mellora para que os veciños poidan ter conectividade por esa rúa municipal.
Esta pista poderá ser utilizada, despois de pasar case tres meses cortada no treito que pasa sobre o rego de Bacelo, entre a igrexa de Santa María de Vilamaior e a estrada provincial LU-P-5709.