A Rúa Porvir de Sarria protagonizou unha nova edición do Mercadillo Quilate

SarriaXa
Decenas de persoas achegáronse ao mercadillo, onde puideron ver distintos tipos de produtos relacionados co pasado e a tradición
mercado-quilate-Sarria
4 Nov 2024

A Asociación de Anticuarios e Restauradores de Sarria organizou, en colaboración co Concello de Sarria, outra nova edición do Mercadillo Quilate.

Nesta ocasión, celebrouse cun evento especial de magosto, comezando ás 12.00 horas cun obradoiro de elaboración de santiños para nenos con Lourdes Pombo, de Torta Sarria.

Ademais, houbo unha sesión vermú con Rural O Urbano, onde as persoas que puideron desfrutar da compañía e a comida na rúa porvir, como é tradición.

0.1841139793396