A Ruta 4x4 de Os Carro x Catro espera acoller arredor de 650 participantes
O Concello de Sarria organiza, xunto coa Asociación Os Carro x Catro, un ano máis, a décimo segunda da Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, que se celebrará os días 15, 16 e 17 de novembro con diversas actividades.
Como o ano pasado, durante tres días haberá actividades relacionadas co mundo do motor en Sarria e comarca, acollendo arredor de 400 vehículos e 650 participantes de toda Galicia e do resto de España, entre os que destacan moitos de Asturias, Castela e León e Madrid.
Así, todo comezará o venres 15 co pincho de benvida pola noite e, a continuación, desenvolverase unha ruta nocturna polos arredores da vila sarriá.
Xa o sábado, 16 de novembro, a partir das 8.30 horas comezará a Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, que percorrerá os concellos de Sarria, Láncara, Baralla e Samos, onde pararán a comer no campo da festa e rematará en Sarria, onde terá lugar a cea de gala ás 21.30 horas.
Finalmente, o domingo 17 será o último día, durante o cal terán lugar as probas de obstáculos e velocidade que se desenvolverán no trazado do Morelle. Así, haberá categorías diferenciadas para todoterreos, buggies, quads e motos.
Xa ao mediodía terá lugar unha comida conxunta no Restaurante Camping Vila de Sarria, onde tamén se entregarán os trofeos e pezas e materiais especiais para o uso dos participantes nos seus vehículos valorados en 2.000 euros.