A Ruta 4x4 de Os Carro x Catro foi todo un éxito

SarriaXa
Durante tres días, houbo actividades relacionadas co mundo do motor en Sarria e os concellos da comarca, concretamente en Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos
Ruta-4x4-comarca-de-Sarria-2024
18 Nov 2024

A XII Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, organizada pola Asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria foi todo un éxito de participación e celebración.

Durante tres días, houbo actividades relacionadas co mundo do motor en Sarria e os concellos da comarca, concretamente en Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos.

Participantes de toda Galicia e do resto de España, destacando os de Asturias, Castela e León e Madrid; foron quen de percorrer diferentes rutas cos seus todoterreos, buggies, quads e motos. En total, foron 365 vehículos e 580 persoas as que formaron parte do evento.

Así, todo comezou o venres 15 coa ruta nocturna polos arredores da vila sarriá, mentres que o sábado a partir das 8.30 horas saíron desde O Chanto e percorreron arredor de 100 quilómetros dos municipios de Sarria, Láncara, Baralla, Becerreá, Triacastela e Samos, onde pararon a comer no campo da festa.

Pola súa parte, o domingo desenvolvéronse as probas de obstáculos e velocidade no trazado do polígono do Morelle, con categorías diferenciadas para todoterreos, buggies, quads e motos. Todo rematou co xantar conxunto e a entrega de premios.

Rutaa-4x4-comarca-de-Sarria-2024
Ruta-4x4-comarca-de-Sarriaa-2024
Rutaa-4x4-comarca-de-Sarriaa-2024
0.15384602546692