A Ruta BTT Corga's celebrarase este domingo con dous trazados para adultos e dous para infantil

SarriaXa
Os percorridos para adultos, ciclables e adaptados a todo tipo de ciclistas, transcorrerán polos concellos de Sarria e Láncara
Ruta-Corga-DHG-Team-Sarria
10 Oct 2024

A nova ruta do DHG Team, que se desenvolverá o vindeiro 13 de outubro, baixo o nome de Ruta Corga`s de Sarria 2024; acollerá catro rutas, dúas para participantes de nivel adulto e dúas para infantil.

Os percorridos, ciclables e adaptados a todo tipo de bikers transcorrerán polos concellos de Sarria e Láncara, e será unha curta, de 35 kms cun desnivel de 700+; e unha longa, cunha distancia de 55 kms e un desnivel de 1500+.

En ambas rutas contarase con bolsa do corredor, avituallamentos sólidos/líquidos, ambulancia, voluntarios sinalizando os cruces e, ao remate, haberá pinchos para todos con algunha sorpresa.

Con respecto á curta, ao saír de Sarria terá unha primiera parte moi “pistera” e chá, compartindo percorrido coa ruta longa ata o km 7,5, onde ambas rutas se separan. Aquí empeza a primeira subida da ruta curta, con bo e ancho firme, que leva ao primerio avituallamiento, para despois buscar unha baixada sen moita dificultade e cun sendeiro a través dunha carballeira apto para todos os participantes.

Despois, haberá unha zona de terreo chán e despois haberá unha segunda subida, na cal unha parte é sendeiro e a outra é pista, para chegar no km 12,5 ao segundo avituallamineto. Aquí comenza a segunda parte da ruta, compartida de novo coa longa, que será de sendeiro chán e camiños forestais en baixada, para logo ter unha zona cómoda ata o km 22, onde comenza a terceira subida da ruta. A baixada será cómoda, pero haberá unha zona para os máis atrevidos.

Xa no kilometro 27 estará o terceiro avituallamiento e comenzará a última subida ao famoso monte de Santa Cristina. Nesta ultima subida haberá dúas opcións para baixar ata Sarria por sendeiros. Para finalizar a ruta, entrarase en Saria bordeando os ríos que a rodean por sendeiros totalmente cháns e bonitos, finalizando a ruta no Chanto.

Ademais, aproveitando que o club DH Galicia ten unha escola de nenos, ese mesmo día levarán a cabo tamén unha ruta infantil polos arredores de Sarria, totalmente cha e sen dificultades, orientada aos máis cativos, entre 1 e 16 anos, aínda que os menores de 14 anos deberán ir acompañados por un adulto.

Esta ruta infantil transcorrerá polos arredores de Sarria sen ningunha dificultade en dúas distancias: unha longa de 8 km, na que recomendan andar con fluidez e que participen nela os maiores de 7 anos; e unha ruta curta de 4 km.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1572060585022