A ruta do Loio está pechada para o tránsito de persoas debido aos danos provocados polo mal tempo
SarriaXa
O Concello de Paradela vén de informar de que a rota do Loio está pechada "por non estar accesible para realizarse, debido aos danos sufridos pola climatoloxía adversa e pendentes de reparar".
24 Feb 2024
O Concello de Paradela vén de informar de que a rota do Loio está pechada "por non estar accesible para realizarse, debido aos danos sufridos pola climatoloxía adversa e pendentes de reparar".
Desta maneira, os veciños e veciñas, turistas e peregrinos que tiveran pensado acudir a esta ruta a desfrutar da paisaxe, non poderán facelo, xa que as condicións non son óptimas.
As fortes chuvias e ventos están a facer que moitas zonas de bosque teñan árbores caídas e unha superficie moi mollada para o bo tránsito das persoas.