A ruta Fiz Vergara por Lóuzara, en Samos, foi escenario dunha actividade

SarriaXa
Foi organizada e guiada polo profesor do IES Gregorio Fernández de Sarria, Luis Melle, e por Carme Conde, muller de Eduardo Rey
ruta-Fiz-Vergara-Samos
11 Jun 2024

Esta fin de semana un grupo de arredor 50 persoas percorreron a ruta de Fiz Vergara, por Lóuzara, en Samos, para compartir un tempo de lecer e ocio conxunto mentres desfrutaban da paisaxe e dos puntos sinalados con poesía e arte arredor da figura de Fiz Vergara.

A ruta estivo organizada e guiada polo profesor do IES Gregorio Fernández de Sarria, Luis Melle, e por Carme Conde, muller de Eduardo Rey, que faleceu o ano pasado, e era tamén profesor do IES Gregorio Fernández e quen organizaba esta actividade, polo que este ano tamén se fixo unha honra á súa persoa.

As persoas participantes, en xeral amigos e algúns profesores do IES, puideron así percorrer os diferentes puntos establecidos en 2010 pola Asociación Ergueitas, quen desenvolveu a ruta a través de poemas e obras de arte, e tamén fixeron unha ofrenda a Fiz Vergara.

Despois de rematar a ruta, arredor de 35 persoas tamén se quedaron a comer conxuntamente na Pontenova, en Samos, onde reflexionaron sobre a figura de Fiz Vergara e de Eduardo Rey, a quen hai uns días tamén se lle fixo un acto en memoria da súa persoa.

 

 

0.14112401008606