A ruta infantil da Corga's do 13 de outubro terá dúas distancias
Os organizadores da nova Ruta Corga’s de Sarria, do DHG Team, veñen de anunciar máis información sobre a ruta infantil que se desenvolverá no marco desta iniciativa deportiva, concretamente o 13 de outubro ás 11.00 horas.
Así, din que esta ruta infantil transcorrerá polos arredores de Sarria sen ningunha dificultade en dúas distancias: unha longa de 8 km, na que recomendan andar con fluidez e que participen nela os maiores de 7 anos; e unha ruta curta de 4 km.
Estas rutas serán para nenos menores de 14 anos e nas que deberán ir acompañados por un adulto, que deberá pagar a inscrición de 10 euros, que inclúe unha camiseta de agasallo e avituallamento durante a ruta para el e o neno ou nena.
Ademais, ao remate das rutas desenvolverase unha xincana de obstáculos para facer o desenvolvemento de dita iniciativa máis divertida e entretida.