A Sala Buril de Sarria prepárase para una noite de rock explosivo este 14 de marzo

SarriaXa
Tres bandas compartirán escenario nun concerto que promete facer vibrar ao público dende o primeiro acorde
Buril-ACDE
10 Mar 2025

A música en directo volve con forza a Sarria este 14 de marzo cunha cita na Sala Buril Acde, que acollerá unha noite cargada de enerxía e potencia sonora.

Tres bandas compartirán escenario nun concerto que promete facer vibrar ao público dende o primeiro acorde: Kalerizo, Turbolombriz GZ e Esguinze serán as protagonistas dunha velada marcada pola actitude, o ritmo e o son máis contundente.

A apertura de portas será ás 20.30 horas, e o concerto comezará ás 21.30 horas, ofrecendo máis de dúas horas de pura adrenalina musical. A entrada terá un prezo único de 10 euros, para gozar dun cartel potente e diverso que reúne a tres formacións que destacan polos seus directos.

⚙ Configurar cookies
0.54106307029724