A sarriá Yolanda Díaz Gallego presenta o seu libro sobre a emigración galega en Uruguay

LugoXa | SarriaXa
O acto será este luns, 4 de novembro, ás 19.30 horas, no salón de actos do pazo de San Marcos
presentacion-libro-yolanda-diaz
3 Nov 2024

A sarriá Yolanda Díaz Gallego presentará este luns 4 de novembro, ás 19.30 horas, o seu libro Revelando o proceso. Na galeguidade asentouse o compromiso. Acción e evolución no Uruguay 1954-1978), no Salón de Actos do Pazo de San Marcos en Lugo.

Recoñecida polo seu activismo galeguista en Uruguai, a onde emigrou nos anos 50, recolleu neste libro a historia da emigración galega a partir das súas propias vivencias no país sudamericano onde foi secretaria xeral do Banco de Galicia e colaborou con diferentes iniciativas culturais como a publicación da Historia de Galicia de Otero Pedrayo, a fundación do Teatro Popular Galego de Montevideo ou o Patronato da Cultura Galega, entre outras.

A presentación do libro, organizada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, incide na promoción da publicación e recoñece o compromiso galeguista da autora, que o vindeiro 9 de novembro recibirá o Premio Facer País da Asociación Cultural Val de Láncara.

0.21055912971497