A Sarriana anunciará a composición da nova directiva
SarriaXa
O vindeiro xoves 12 de agosto, a SD Sarriana anunciará a composición da nova directiva que levará o club nos vindeiros anos.
5 Aug 2021
O vindeiro xoves 12 de agosto, a SD Sarriana anunciará a composición da nova directiva.
O actual presidente, Manuel Sangil, xa anunciara que, despois de catro anos de mandato, prefería non continuar no cargo. Ademais, o feito de non lograr o ascenso a causa dun gol considerábao unha "desilusión enorme".
O xoves será o momento no que se coñeza a decisión da SD Sarriana para abrir un novo ciclo na andaina do club.