A Sarriana comeza a preparación da tempada con canteiráns e fichaxes
Entrado o mes de agosto, moitos dos equipos de fútbol xa comezaron a pretemporada co obxectivo de chegar da mellor forma posible ao inicio de liga. Este foi un ano pouco habitual xa que a maioría dos xogadores que disputaron esta pasada tempada, case non tiveron descanso. Feito que lle pasou ao Sarriana, que xa conta cun amplo equipo composto por fichaxes, renovacións e xogadores da canteira que están adestrando neste inicio co primeiro equipo.
Así pois, entre os xogadores renovados atópanse nomes como Oscar Rivas, Javi Liz e Parapar na portería, Keko Vilariño, Jacobo Vilariño, Diego Rey, Javier Carnero, Ruchi, Álex Pérez e Omar.
Xunta a eles, encóntranse fichaxes que apostaron polo proxecto que ofrecía o equipo sarriao coma Diego Torres, procedente do Lemos, Yago Fernández, Diego Rey e Carlos Murua, tres xogadores sarriaos que chegan a Sarria procedentes do Club Deportivo Lugo, Julio Camba, do Santaballés, Diego Mitogo, do CD As Pontes e Pancho, ex do Deportivo da Coruña B e procedente do Atlético Coruña Montañeros.
Unhas fichaxes de calidade que, unidas á base do equipo que se mantén dende o ano pasado, buscarán competir como equipo ese ascenso que este ano se quedou tan preto de alcanzarse.