A SD O Páramo xa ten todo preparado para afrontar a nova tempada 2024-2025

A Sociedade Deportiva O Páramo pon en marcha a súa nova tempada con novas fichaxes de xogadores e unha ilusionante campaña de abonados baixo o lema de ‘Orgullo de un sentimento’.
Así, queren animar a formar parte a todos os paramenses e aquelas persoas vencelladas ao Concello do Páramo a que se unan á gran familia.
Haberá así tres tipos de patrocinio: un sub25, para menores de 25 anos, de 15 euros; un básico de 20 euros e un como establecemento colaborador de 50 euros e de 170 euros o primeiro ano no caso de querer poñer publicidade no campo.
Tamén existe a posibilidade de colaborar co carnet online, que sería un carnet similar ao de establecemento colaborador, pero no que a publicidade sería saíndo continuamente nas redes sociais, que será de 25 euros por tempada.
Ademais, anuncian que veñen de fichar aos defensores Ricardo e Marcos Barrio, que proveñen da Sarriana e do Oural respectivamente; e os mediocentros Alex é Rodri, así como o extremo Hugo Dono, que veñen todos eles do xuvenil da SDC Residencia.