A SD Oural celebrou o seu ascenso a Primeira Galicia nun acto na casa consistorial do Concello de Sarria
SarriaXa
Desde o Concello celebran este triunfo felicitándolles "por unha exitosa tempada"
17 Xuño 2024
Os xogadores do equipo SD Oural da parroquia homónima do municipio de Sarria veñen de ser recibidos polo alcalde de Sarria, Claudio Garrido, e o Concelleiro de Deporte, Félix Seijas, na casa consistorial.
Este acto tivo lugar como celebración por todo o algo do conseguido ascenso a Primeira Autonómica que tivo lugar o pasado 6 de maio no Luis Pallín ao gañar contra o Quiroga FC.
Daquela, os do Oural quixeron agradecer "á nosa afición por acompañarnos, a nosa directiva e aos nosos xogadores sen eles todo esto non sería posible", e desde o Concello celebran este triunfo felicitándolles "por unha exitosa tempada".