A SD Paradela celebra a Festa do Socio o 18 de outubro no Mercado Gandeiro

SarriaXa
A xornada inclúe partido de fútbol, cea, música en directo e actividades para socios e non socios
SD-Paradela-2025
29 Sep 2025

A Sociedade Deportiva Paradela organiza o vindeiro sábado 18 de outubro a súa tradicional Festa do Socio, correspondente á tempada 2024/2025, cun amplo programa de actividades que se desenvolverán no Mercado Gandeiro da localidade.

A xornada arrincará ás 16:30 horas co partido que enfrontará á S.D. Paradela e á S.D. Páramo no campo de fútbol “O Gandarón”. A partir das 19:30 horas terá lugar un tardeo, e xa ás 22:00 horas celebrarase a cea de confraternidade.

Os prezos están adaptados ao tipo de socio: os de 30 euros terán dereito a unha comida gratuíta, os de 50 euros e os socios colaboradores a dúas comidas, mentres que os non socios poderán participar aboando 30 euros.

A festa contará tamén cunha actuación musical e un DJ que animará a celebración ata o final da noite, converténdose nun punto de encontro para veciños, socios e afeccionados ao fútbol.

As persoas interesadas en anotarse dispoñen de varios números de contacto habilitados pola organización, entre eles os de Adrián, Rubén, Carlos, Javito, Miguel e David.

⚙ Configurar cookies
0.096925020217896