A SD Paradela prepara a súa tradicional Festa dos Ovos Fritos con Chourizo e Magosto

SarriaXa
O evento terá lugar no mercado gandeiro de Paradela e incluirá cea, actuación musical e o espírito festivo que caracteriza á parroquia
Castañas asadas
24 Oct 2025

A Sociedade Deportiva Paradela organiza unha nova edición da súa xa clásica Festa dos Ovos Fritos con Chourizo e Magosto, que se celebrará o 15 de novembro de 2025 no mercado gandeiro de Paradela. A cita combinará gastronomía, música e convivencia veciñal nun ambiente festivo e outonal.

O programa arrincará cunha tardeo a partir das 19:30 horas e continuará coa cea ás 22:00 horas, que contará cun menú composto por empanada, ovos fritos con chourizo, beicon e patacas fritas, larpeira e castañas. O prezo é de 25 euros para adultos e 15 euros para nenos.

A organización adianta que a velada contará tamén cunha actuación musical en directo, que poñerá ritmo á festa ata ben entrada a noite.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse antes do 12 de novembro, contactando con calquera dos organizadores a través dos teléfonos indicados no cartel do evento.

⚙ Configurar cookies
0.077706098556519