A SD Paradela organiza a Festa dos ovos fritos con chourizo e o Magosto

SarriaXa
Esta iniciativa, que se celebrará o vindeiro 2 de novembro, será unha festa que se desenvolverá no mercado gandeiro do municipio
Sd-Paradela
9 Out 2024

O equipo da Sociedade Deportiva de Paradela, que vén de comezar a tempada 2024-2025 de fútbol hai pouco máis dun mes, organiza a Festa dos ovos fritos con chourizo e o Magosto o vindeiro 2 de novembro.

Así, están convidados todos os veciños, veciñas e achegados que queiran desfrutar dunha festa que se desenvolverá no mercado gandeiro do municipio e ao que xa se poden apuntar ata o vindeiro 29 de outubro.

Desta maneira, a partir das 13.30 horas comezará o vermú e a comida será ás 14.30 horas e contarase con ovos fritos con chourizo, empanada, beicon e patacas fritidas, larpeira e castañas cun custo de 20 euros para adultos e de 10 euros para os nenos.

Ademais, contarase cunha actuación musical aínda por confirmar e ao final da festa acompañará tamén aos presentes un dj.

0.098536968231201