A SD Sarriana anuncia as datas da undécima edición do Memorial Pedro Canoa

SarriaXa
Será os días 5, 6 e 7 de xuño de 2026 no Pavillón Municipal de A Ribela
memorial-pedo-canoa-2026
13 Jan 2026

A SD Sarriana organiza un ano máis o Memorial Pedro Canoa de Fútbol-8 e Fútobol-11, que este ano celebrará a súa undécima edición.

O torneo desenvolverase no Pavillón Municipal de A Ribela durante tres días consecutivos. Así, o 5 de xuño será a quenda da categoría prebenxamín, o 6 xogarán benxamíns e alevíns e o 7 terá lugar o torneo infantil.

Na anterior edición, a competición logrou reunir a arredor de 900 mozos e mozas de máis de 70 equipos de 20 clubs nas distintas categorías.

O torneo busca manter viva a memoria de Pedro Canoa, persoa moi vinculada ao fútbol local e lembrada pola súa paixón e entrega. Desde hai unha década, este evento serve como tributo e como impulso ao deporte base, fomentando o compañeirismo, a amizade e os valores do xogo limpo.

Ademais da parte deportiva, o Memorial Pedro Canoa convértese cada ano nun punto de encontro para familias, adestradores e afección, que atopan nesta cita unha oportunidade perfecta para compartir a súa paixón polo fútbol nun ambiente festivo e saudable.

⚙ Configurar cookies
0.071661949157715