A SD Sarriana celebra o seu histórico ascenso a 2ª RFEF na Parrillada Santa Comba

SarriaXa
No marco das celebracións, o club quixo compartir un momento distendido e de ledicia entre a directiva, o corpo técnico e o cadro de xogadores
SD-Sarriana-celebracion-2RFEF
25 Jun 2025

A SD Sarriana, equipo recentemente ascendido a Segunda RFEF, achegouse ás instalacións da Parrillada Santa Comba en Lugo para gozar dunha cea de celebración tras este importante logro deportivo.

O conxunto sarriano certificou o seu ascenso o pasado domingo 22 de xuño no campo de A Ribela, en Sarria, pechando así unha brillante tempada que o impulsa a unha nova categoría nacional.

No marco das celebracións, o club quixo compartir un momento distendido e de ledicia entre a directiva, o corpo técnico e o cadro de xogadores.

Desde Parrillada Santa Comba, queren agradecer sinceramente ao club, aos seus responsables e a todos os xogadores pola súa visita, ademais de transmitirlles a súa máis fervente noraboa por este fito histórico, desexándolles o maior éxito nesta nova etapa na Segunda RFEF.

⚙ Configurar cookies
0.15471410751343