A SD Sarriana conseguiu o ascenso a Primeira Galicia Xuvenil
O equipo de fútbol de Sarria, A Sarriana, acadou o ascenso co seu equipo xuvenil á categoría primeira Galicia Xuvenil.
Así o fixeron despois do partido que se celebrou no campo de fútbol das Gándaras este sábado, no que se enfrontaron contra o equipo A Piringalla, co que xa xogaran o partido de ida no seu campo.
Ao ganar ese partido de ida por un 2-1, resultoulles máis doado conseguir a vitoria neste partido de volta, no que quedaron empatados a 2-2.
Pero iso non lles impediu lograr a vitoria e o ansiado ascenso, despois de corenta anos, á selección Galega.
Desde o Sarriana, Jose, o coordinador do equipo, defende que levan varios anos "cun bo equipo de entrenadores tanto en fútbol base como en ancho e o sábado foi un partidazo que demostrou que os nosos mozos teñen nivel".
Ademais, di, que non só os xuvenís, xa que "foron convocados cinco cadetes", polo que explica que "veñen boas xeracións de cadetes, de infantís e de fútbol 8, xa que temos formadores que fan moi bo traballo".