A SD Sarriana impulsa a creación dun equipo feminino sénior para a próxima tempada

SarriaXa
A intención é abrir un espazo estable para o deporte feminino en Sarria, dentro dunha estrutura consolidada como a da Sarriana
campo-A-Ribela-SD-Sarriana-(3)
12 Jun 2025

A SD Sarriana prepara unha nova iniciativa para a vindeira tempada deportiva cun obxectivo claro: impulsar o fútbol feminino no municipio. A entidade traballa na creación dun equipo sénior feminino e está a buscar rapazas e mulleres interesadas en formar parte deste novo proxecto deportivo.

Desde o club sinalan que se trata dunha proposta ilusionante, orientada a consolidar un equipo competitivo que medre tempada tras tempada e aspire a participar en competicións de alto nivel. A intención é abrir un espazo estable para o deporte feminino en Sarria, dentro dunha estrutura consolidada como a da Sarriana.

Todas as interesadas poden poñerse en contacto directamente coa entidade a través dos teléfonos 636 972 333 ou 660 264 798.

⚙ Configurar cookies
0.16159796714783