A SD Sarriana non consegue ascender a 2ª RFEF, pero no equipo están satisfeitos cos resultados da tempada
SarriaXa
O Gran Peña meteu catro goles no estadio de Barreiro
Imaxe do partido, de Frederick Ortiz
28 Maio 2024
A SD Sarriana xogou esta fin de semana o play-off de ascenso á Segunda RFEF, pero non conseguiu a vitoria ao enfrontarse co Gran Peña en Barreiro, que deixou o partido en 4-1.
Porén, a pesar da derrota, na Sarriana están satisfeitos coa tempada xogada, xa que o obxectivo deste ano era chegar a xogar o play-off para chegar a ascender a 2ª RFEF.
José López, coordinador do equipo, sostén que “estamos contentos co traballo do equipo e contamos con manternos na categoría. Sempre hai que mirar cara a arriba e se as cousas seguen indo ben, intentaremos competir cara a adiante”.