A SD Sarriana organiza o próximo 2 de maio un Campionato de Tute

SarriaXa
O custo da inscrición é de 20 euros por parella, incluíndo unha cea que se servirá ás 21:00 horas no Meigallo
baralla-cartas-espanola-tute-torneo-campionato
23 Apr 2025

A Sociedade Deportiva Sarriana organiza o vindeiro 2 de maio un Campionato de Tute que se celebrará no local Meigallo, en Sarria.

O evento promete unha xornada de competición, diversión e premios para os participantes, que poderán optar a varios agasallos relacionados co club.

Os premios para as parellas gañadoras serán: un 1º premio de 2 abonos para a tempada completa 2025/2026; o segundo consistirá en dúas camisetas do primeiro equipo; o terceiro serán dúas bufandas; e o 4º premio consistirá en dúas entradas para o play-off de ascenso.

Ademais, realizarase un sorteo dunha camiseta asinada entre os asistentes, e o custo da inscrición é de 20 euros por parella, incluíndo unha cea que se servirá ás 21:00 horas no Meigallo.

A S.D. Sarriana convida a toda a afección e amantes do tute a participar neste evento que combina deporte, tradición e ambiente festivo.

⚙ Configurar cookies
0.14726305007935