A SD Sarriana organiza unha cea de fin de temporada o 17 de maio no Mercado Gandeiro

SarriaXa
A cita contará cun programa variado de actividades, que incluirá un baile amenizado pola artista Veronica Cambón, ademais da entrega de diplomas aos xogadores
diplomas-Sarriana-cea-final-tempada
10 May 2025

A Sociedade Deportiva Sarriana celebrará a súa tradicional cea de fin de temporada o vindeiro 17 de maio, no Mercado Gandeiro de Sarria, a partir das 21:30 horas.

Este evento estará aberto á participación de xogadores, familiares, veciños de Sarria, técnicos, socios e afeccionados, e está destinado a pechar unha tempada chea de emocións para o club.

A cita contará cun programa variado de actividades, que incluirá un baile amenizado pola artista Veronica Cambón, ademais da entrega de diplomas aos xogadores en recoñecemento aos seus logros. Tamén se realizarán sorteos de material deportivo e outras sorpresas para os asistentes.

Para participar na cea, será necesario formalizar a inscrición antes do 13 de maio en calquera das seguintes ubicacións: Cafetería DPont, Cervecería Patulas, Cervecería O Turuta ou Cafetería Santiago. O menú terá un custo de 16 euros para os nenos e 35 euros para os adultos.

A SD Sarriana invita a toda a comunidade a unirse a esta xornada festiva para despedir unha tempada que, sen dúbida, quedará na memoria de todos.

⚙ Configurar cookies
0.14819002151489