A SD Sarriana organiza unhas Xornadas de Portas Abertas

SarriaXa
Baixo o lema 'Ven adestrar, formarte, adquiere valores', o club sarriao aposta por fomentar non só o deporte, senón tamén o crecemento persoal a través do fútbol
campo-A-Ribela-SD-Sarriana-(3)
13 May 2025

A Sociedad Deportiva Sarriana vén de anunciar a celebración das súas Xornadas de Portas Abertas, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas nacidos entre os anos 2013 e 2020 que desexen iniciarse ou continuar a súa formación no mundo do fútbol.

Os adestramentos terán lugar no Campo Municipal da Ribela, en Sarria (Lugo), durante os días 19, 20, 21 e 22 de maio, con horarios adaptados a cada grupo de idade.

Os nados nos anos 2015 e 2016 adestrarán o luns 19 e o mércores 21 ás 18:30 horas, mentres que os dos anos 2013 e 2014 farano eses mesmos días ás 19:30. Pola súa parte, os nenos e nenas nacidos en 2017 e 2018 están convocados o martes 20 e o xoves 22 ás 18:30, igual que os dos anos 2019 e 2020, que compartirán datas e horario.

Baixo o lema 'Ven adestrar, formarte, adquiere valores', o club sarriao aposta por fomentar non o deporte, senón tamén o crecemento persoal dos máis pequenos a través do fútbol.

⚙ Configurar cookies
0.15003108978271