A SD Sarriana pon en marcha unha campaña en apoio ás persoas afectadas pola DINA de Valencia

SarriaXa
As persoas interesadas poderán colaborar co club de fútbol de Sarria os días 8 e 9 de novembro
iluminacion-campo-ribela-sarria
3 Nov 2024

Desde a Sociedade Deportiva Sarriana veñen de poñer en marcha unha campaña de solidariedade para apoiar ás persoas damnificadas pola DINA de Valencia.

Desta maneira, están a recoller roupa e alimentos non perecedoiros para todas as familias que están afectadas pola catátrofe natural que xa está considerada como a peor dos últimos anos.

As persoas que queiran colaborar poderán facelo achegándose al campo municipal da Ribela o vindeiro venres, 8 de novembro, de 18.00 a 20.30 horas e durante o enfrontamento do equipo sénior A que terá lugar o 9 de novembro.

 

0.157958984375