A SD Sarriana xa conta cun novo adestrador despois de despedir, no día de onte, a Jaime Paz
A SD Sarriana xa conta cun novo adestrador despois de despedir, no día de onte, a Jaime Paz no seu último partido co equipo de 3ª RFEF contra o Betanzos na Ribela. O equipo, ademais, proclamouse vencedor do encontro, posicionándose segundo na táboa.
Así, nun comunicado, Jaime Paz dixo que “este día é moi emotivo para min, o meu último partido como adestrador deste fantástico grupo de persoas que forman este gran grupo humano que gañou a palabra de EQUIPO. Hoxe poño final a case 5 meses de traballo, dedicación, esixencia e unha gran experiencia marcada por grandes momentos, onde puiden desfrutar de xogadores e persoas espectaculares, que se gañaron os meus respectos e admiración”, sostivo.
O adestrador, que chegara ao equipo en xuño para a tempada 24/25, marcha para acompañar como técnico axudante a Quique Setién, que vén de fichar polo Beijing Guoan FC da Superliga china.
Pola súa parte, o novo adestrador, que xa comeza hoxe a participar nos adestramentos do primeiro equipo, é Guillermo Oriol, de Castellón, que formou parte do equipo técnico das canteiras do Barcelona e do Villarreal.
Oriol empeza con ganas este novo proxecto deportivo porque “é un reto bonito”, tal e como sostivo durante o primeiro encontro no que estivo, este domingo, xunto a Jaime Paz, técnico do que tomará a traxectoria de traballo deportivo e ao que lle desexa os maiores éxitos na súa nova etapa.