A secretaria de turismo de Yucatán visitou Triacastela para coñecer o Camiño de Santiago

SarriaXa
La secretaria de turismo de Yucatán Michelle Fridman visitó Triacastela para conocer el Camino de Santiago.
michelle fridman visita triacastela2
24 Xan 2022

A secretaria de turismo de Yucatán, México, Michelle Fridman visitou onte a vila de Triacastela co fin de coñecer máis o Camiño de Santiago e collelo como referente para o Camiño Maya que quere instaurar no seu país.

Triacastela ten unha gran importancia no Camiño de Santiago e por iso foi a elixida pola delegación do estado mexicano de Yucatán. No acto estiveron presentes a alcaldesa de Triacastela Olga Iglesias, o director da Sociedade de Xestión do Plan Xacobeo Ildefonso de la Campa e o presidente Amigos do Camiño de Santiago na comarca de Sarria, Jorge López.

Ademais, nos últimos tempos son moitos os mexicanos que peregrinan ata Santiago de Compostela polo que coñecer esta experiencia de primeira man era un dos obxectivos de Michelle Fridman.

A chegada a Triacastela da secretaria de turismo inicouse cun intercambio de obsequios propios de cada territorio coa rexedora de Triacastela, a continuación, percorreron un tramo do Camiño Francés no municipio, tendo como paradas obrigatorias o castaño de Ramil que ten máis de 800 anos de antigüidade e o monumento ao peregrino. Ademais, aproveitaron para visitar o mural de Mon Devane que está nominado ao mellor mural do mundo en 2021. A visita continuou en Sarria, na asociación de Amigos do Camiño onde o presidente lle explicou o proceso para conseguir a compostela para rematar a visita en Portomarín.

0.16377806663513